Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da subministración con instalación de equipamento para a creación dunha área de xogos infantís na praia de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: subministración con instalación de equipamento para a creación dunha área de xogos infantís na praia de Compostela.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: un (1) mes.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Sen IVE: 200.000,00 €. IVE (21 %): 42.000,00 €. Total (IVE incluído): 242.000,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 14 de maio de 2015

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde