Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20391

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de maio de 2015 pola que se modifica a autorización do centro privado de educación especial Amicos do concello de Ribeira.

O centro privado de educación especial Amicos, do concello de Ribeira, solicita a ampliación de dúas unidades de autistas e dúas unidades de psíquicos.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de catro unidades de educación especial no centro privado que se relaciona a seguir:

Denominación: centro privado de educación especial Amicos.

Código do centro: 15032674.

Domicilio: r/ Gándara, 33.

Localidade: Oleiros.

Concello: Ribeira.

Provincia: A Coruña.

Titular: Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica AMICOS.

Composición resultante:

Dúas unidades de educación especial (plurideficientes).

Tres unidades de educación especial (autistas).

Dúas unidades de educación especial (psíquicos).

Segundo. Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria