No procedemento de referencia, tramitado por instancia de Gasóleo Calefacción, S.L., representado pola procuradora María Rita Goimil Martínez, contra Hostal Andri, S.L., declarada en rebeldía, ditouse sentenza cuxa decisión é a seguinte:
Decido:
Estimo integramente a demanda presentada por Gasóleo Calefacción, S.L., contra Hostal Andri, S.L., e en consecuencia condeno a entidade demandada a aboarlle á entidade demandante a suma de 920 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de presentación da demanda ata o seu completo pagamento, con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza. Todo isto con imposición de custas á parte demandada.
Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso de apelación a teor do indicado no ordinal primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.
Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.
Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.
Publicación. No mesmo día, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíza que a ditou. Dou fe.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Hostal Andri, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015
Francisco Ferreiro Vázquez
Secretario xudicial
