Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20564

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de maio de 2015 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xustifícase pola execución da Sentenza do 21 de maio de 2013, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, procedemento abreviado número 56/2011, e no Auto de execución do 6 de febreiro de 2014 que foi confirmado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mediante a Sentenza do 12 de novembro de 2014.

Os ditos pronunciamentos xudiciais afectan o concurso de traslados núm. 1/2010, para a provisión de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 13 de maio de 2015, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 13 de maio de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file