Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Carballo, entre a avenida de Bértoa e a rúa Xosé Manuel Eirís, concello de Carballo (expediente 2015AAE1779, código web 1698/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 8 de maio de 2015, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Carballo entre a avenida de Bértoa e a rúa Xosé Manuel Eirís, concello de Carballo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental