Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2014/171-1).

Expediente: IN407A 2014/171-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: reforma LMT SMR-706 derivada Vispón-San Cristovo.

Concello: Ferrol.

Feitos.

1. O 3 de novembro de 2014 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea derivada Vispón a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2,392 m, coa orixe no CT Vispón (expediente 29,493), condutor tipo LA-110/116,2 mm2 e final no apoio nº 14 existente que se substituirá por un novo apoio tipo C-24/9000 da LMT SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT San Cristovo (expediente 27,190).

– Liña eléctrica de media tensión aérea derivada ao novo CT Martín a 15/20 kV, cunha lonxitude de 6 m, coa orixe no apoio nº 7 existente que se substituirá por un novo apoio tipo C-20/1,000 da LMT SMR-706, onde está situado actualmente o CT Martín (expediente 27,190) para retirar, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no novo CT San Martín (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión aérea derivada a novo CT San Cristovo, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 203 m, coa orixe no apoio nº 14 existente que se substituirá por novo tipo C-24/9000 da LMT SMR-706, onde se realiza a derivada ao CT San Cristovo (expediente 27190) condutor LA-56/54,6 mm2 e final no novo CT San Cristovo (proxectado).

– Novo centro de transformación intemperie Martín cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15,000/400-230 V.

– Novo centro de transfrmación intemperie San Cristovo, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15,000/400-230 V.

– Retirada do último van da liña xeral, actualmente sen servizo, desde a derivada ao CT San Cristovo (expediente 27190), ata o último apoio da liña (apoio nº 15), situado á beira da ría, o cal será desmontado e a lonxitude do tramo de liña que se retirará de 229 metros.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 17.11.2014.

– DOG: 16.12.2014.

– BOP: 2.12.2014.

– Xornal La Voz de Galicia: 5.12.2014.

– Taboleiro de anuncios do concello: do 1.12.2014 ao 28.12.2014.

Ao mesmo tempo realizáronselles notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello non se indica que se formulasen alegacións.

4. Durante o período durante o cal se someteu ao trámite de información pública foi presentada a seguinte alegación.

– Navantia, S.A.:

Solicita información adicional sobre a localización do predio número 1 e un novo prazo para realizar alegacións.

Destas alegacións déuselle traslado ao promotor, que contestou presentando un escrito no cal se identifica a parcela mediante a súa referencia catastral e tamén se indica que se corrixe o nome do propietario do predio.

Deste escrito deuse traslado a Navantia, S.A. sen que se teña constancia de que se presentasen alegacións adicionais.

5. Solicitouse o preceptivo informe os seguintes organismos.

– Concello de Ferrol: emitiu informe no cal indica que non consta solicitude de licenza para esta obra.

Trasladouse ao promotor que deu a súa conformidade co condicionado.

– Augas de Galicia: emitiu informe favorable e condicionado técnico.

Trasladouse ao promotor, que aceptou o condicionado.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 235/2012, do 5 de decembro, que fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 233, do 7 de decembro).

– Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localización da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

Resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de outras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña