Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio da incoación do procedemento sancionador PO-11/2015, por infracción en materia de comercio.

O 31 de marzo de 2015, o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria resolveu iniciar o expediente sancionador nº PO-11/2015, incoado contra E-Moda Náutica España, S.L.

Intentada a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle a interesada o contido do devandito acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle a interesada que, en cumprimento do artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, se lle concede un prazo de quince (15) días para presentarlle ao instrutor do procedemento cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, se é o caso, propoñer as probas que considere oportunas, concretando os medios de que pretenda valerse.

Vigo, 14 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-11/2015.

Interesada: E-Moda Náutica España, S.L.

Domicilio: r/ Daniel de la Sota y Valdecilla, 15, 36001 Pontevedra.

Feitos imputados: unha infracción leve en materia de comercio.

Precepto infrinxido: Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (artigo 10.7).

Instrutor do expediente: Belarmino García Martínez.