Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 13 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0105/2015-ACU e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0105/2015-ACU e sete máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Vigo, 13 de maio de 2015

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0105/2015-ACU.

Persoa interesada: Adolfo da Costa Piñeiro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: 1ª Travesía Longan, nº 9, 1º I, Cangas.

Expediente: PSC-PO-0116/2015-ACU.

Persoa interesada: Miguel Rodríguez Soliño.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Serra de Nacente, nº 23, Cangas.

Expediente: PSC-PO-0200/2015-PPM.

Persoa interesada: Fernando Otero Juncal.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Xoán Carballeira, nº 14, 3º A, Bueu.

Expediente: PSC-PO-0204/2015-COP.

Persoa interesada: Carmen Santomé Martínez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Quintela, nº 136, Moaña.

Expediente: PSC-PO-0216/2015-PRE.

Persoa interesada: Joaquín Salgueiro Otero.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida de Castelao, nº 87, 1º esq., Vigo.

Expediente: PSC-PO-0236/2015-PRE.

Persoa interesada: Samuel Martínez Bamio.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Casiano Martínez, nº 31, 3º, Vigo.

Expediente: PSC-PO-0304/2015-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Cerdeira Dacunha.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Padre Celso, 2ª travesía, nº 20, baixo, Vigo.

Expediente: PSC-PO-0306/2015-PPM.

Persoa interesada: Eduardo Villanueva Olmo.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Igrexa, Vilar de Infesta, nº 125, Redondela.