Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20999

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 105/2015 G-OTM).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de maio de 2015, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para ordenar os volumes, completar ou reaxustar as rasantes e concretar as condicións da composición da edificación na parcela E-2 da rúa Madeira do parque empresarial de Bértoa, de Carballo, promovido pola entidade Gallega de Mallas, S.L., segundo a documentación técnica presentada o 13 de abril de 2015, número de rexistro de entrada 2015004078, asinada polo arquitecto Javier Caamaño Puñal (col. 2794 COAG).

O que se somete a información pública por un prazo de vinte (20) días en cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións seguintes, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por el poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballo, 18 de maio de 2015

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde