Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 21001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da venda dunha parcela de solo rústico de protección ordinaria en Atios.

Por acordo do Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 5.5.2015, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño.

2. Obxecto do contrato: venda de parcela de 169,82 m2 de solo rústico de protección ordinaria en Atios.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 6.113,52 €, IVE non incluído, mellorables á alza.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de maio de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde