Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (321/2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 321/2015 deste Xulgado do Social número 1 de Lugo, seguido por instancia de César Vázquez Rodríguez contra Cefo Vial, S.L., Cefo Vial Formación, S.L. sobre despedimento, se acordou, en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo número 321/2015, que se tramitan por instancia de César Vázquez Rodríguez contra Cefo Vial, S.L. y otra, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, cítase a empresa Cefo Vial, S.L., en ignorado paradoiro, para que o día 21.10.2015 ás 11.45 horas compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º andar, sala 9 da cidade de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación, e de non haber avinza seguidamente o xuízo, prevíndoo que ao acto para o que se lle cita deberá concorrer con todos os medios de proba de que intente valerse e que a falta de asistencia a este non suspenderá a súa celebración, recaendo sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

Así mesmo, cítase o representante legal da demandada Cefo Vial, S.L., para que o día e hora antes sinalados, compareza na sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de practicar interrogatorio de partes, prevíndoo de que, en caso de non comparecer, se poderán ter por recoñecidos os feitos cuxa fixación como certos lles sexan enteiramente prexudiciais.

A non comparecencia do litigante, sen mediar logo de escusa, á práctica da proba de interrogatorio de parte determinará a imposición a este dunha multa de 180 a 600 euros de conformidade co previsto no artigo 292.1 da LAC, sen prexulgar a súa admisión como medio de proba, por tratarse esta de decisión cuxa adopción se debe producir no acto da vista.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cefo Vial, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 7 de maio de 2015

A secretaria xudicial