Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (338/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 338/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inocente José Calvo Ríos contra Lucus Conti Distribucions, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015.

Únase ao anterior escrito presentado pola parte executante en que non acepta o pagamento a prazos proposto polo executado.

Visto o contido deste e do actual estado das actuacións, non se accede ao pagamento fraccionado solicitado e, por tanto, continúa a presente execución polos seus propios termos.

Así mesmo, acordo a entrega da cantidade ingresada na CDC este xulgado á parte executante a conta do principal, para o cal líbrese o correspondente mandamento de pagamento por importe de 300 euros a favor de Inocente José Calvo Ríos.

Á vista do importe pagado e detraídos do principal, requírase a parte executada para que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 2.100 euros en concepto de principal, máis outros 240 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco de Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 05001274 (nº expediente xudicial 1589-0000-64-0338-14) e, se non paga, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta, logo de indagación destes a través da consulta das bases de datos ás que este xulgado ten acceso, é dicir, á AEAT, ao centro de xestión catastral, á Dirección Xeral de Tráfico e ao CORPME.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. É carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que, a xuízo do recorrente, contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Lucus Conti Distribuciones, S.L. , en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial