III. Outras disposicións
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
CORRECCIÓN de erros. Decreto 66/2015, do 23 de abril, polo que se aproba a cesión da titularidade dunha antiga caseta de legoeiros situada no punto quilométrico 1+970 da estrada OU-603, no concello da Rúa.
Advertido un erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 85, do xoves, 7 de maio de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 18020, no segundo parágrafo, na liña 3, onde di: «625781PG5955N0001DL», debe dicir: «6257814PG5955N0001DL».