Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/19-2, 8213 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Corsán-Corvian Construcción, S.A.

Domicilio social: Caballero Andante, 8, 28021 Madrid.

Denominación: LMT soterrada Meilán, 1, 2 depósitos A Piringalla.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada en canalización existente e proxectada (238 metros) con orixe no Dep. auga (10.283) e final no apoio P1 cunha lonxitude de 540 metros, en condutor tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de maio de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo