Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21587

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión de diversos postos de xefatura de sección do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), polo que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, a provisión dos postos de xefe de sección do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas cales se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios, así como na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

Cuarto. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos (Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo; r/ Dr. Ulises Romero, 1, C.P. 27003 Lugo), e poderán presentarse no Rexistro Xeral ou mediante calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de maio de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto

Prazas

Centro

Xefe/a da Sección de Anestesioloxía e Reanimación (C.M.A.)

1

Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo

Xefe/a da Sección de Enfermidades Infecciosas

1

Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo

Xefe/a da Sección de Medicina Interna

2

Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo