Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21632

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial da inclusión da parcela catastral 322, polígono 11, no inventario municipal de bens inmobles, parcela do Centro Sociocultural de Ribeira.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 5 de maio de 2015, aprobou inicialmente a inclusión da parcela catastral 322, polígono 11, e as súas edificacións do Centro Sociocultural de Ribeira no inventario municipal de bens inmobles de titulariade do Concello do Porriño, acordo que ten o seguinte contido literal:

«1º. Aprobar inicialmente a inclusión da parcela catastral 322, polígono 11, no inventario municipal de bens inmobles, parcela do Centro Sociocultural de Ribeira.

2º. Aprobar inicialmente a inclusión das edificacións do Centro Sociocultural de Ribeira que forman parte da parcela catastral 322, polígono 11, no inventario municipal de bens inmobles.

3º. Someter o expediente a exposición pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello».

O que se fai público para xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente, polo que se somete o expediente a información pública por un prazo de trinta días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos e páxina web do concello para os efectos de que os interesados presenten as reclamacións e suxestións que xulguen convenientes.

O Porriño, 11 de maio de 2015

José Nelson Santos Argibay
Alcalde