Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21706

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se modifica a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante Resolución do 19 de maio de 2015, do director xeral da Función Pública (DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

No anexo I da Resolución do 19 de maio, onde figuran os postos que se ofertan, advertiuse a omisión de características que figuran nas RPT dos postos que a seguir se sinalan, polo que procede a súa inclusión:

No posto número 779, a observación «xornada mañá ou tarde».

No posto número 951, a formación específica «641 - Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.)».

Polo exposto, en uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Incluír no anexo I da Resolución do 19 de maio de 2015 as omisións sinaladas nos postos número 779 e número 951:

Posto

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/esc.

Adm. Púb.

Denomin. posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións requiridas

Formación específ.

Observ.

Puntuación
mínima

779

ED.C99.50.101.36560.020

10

AP

XERAL

AXG

SUBALTERNO/A

ED

SERVIZOS PERIFÉRICOS

BIBLIOTECA VIGO

36560

XORNADA MAÑÁ OU TARDE

2.000

951

TR.C99.10.000.15001.588

12

C2

XERAL

A11

AUXILIAR
ADMINISTRATIVO/A

TR

SERVIZOS PERIFÉRICOS

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

15001

641

3.300

Segundo. Concederlles aos integrantes da agrupación profesional que xa presentaron a súa solicitude e solicitaron o posto número 779, e que non estean interesados nel coa observación omitida, un prazo ata o día 11 de xuño para que poidan presentar un escrito en que renuncien ao dito posto.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública