Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza número 35/2015, do 22 de xaneiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 22 de xaneiro de 2015, pronunciou a sentenza número 35/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4386/2011, interposto por Manuel Ramiro López López, Sara Díaz González e a entidade Construcciones Arcobar, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José-Martín Guimaraens Martínez, en nome e representación de D. Manuel Ramiro López López, Sara Díaz González e a entidade Construcciones Arcobar, S.L., contra a Orde do 29 de abril de 2011 sobre a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Lugo, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publicada no DOG do 16 de maio de 2011; no sentido de que procede deixar sen efecto a clasificación do terreo litixioso como solo rústico de especial protección agropecuaria, ben que procede confirmar a declaración como de especial protección forestal.

Sen condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo