Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CS Ceamsa.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 80 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aerosubterráneo nun apoio existente da LMT ATI708 unha vez que entre e saia do CS proxectado Ceamsa. Centro de seccionamento situado no polígono industrial As Gándaras, O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 11 de maio de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra