Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21756

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se fai público que esta deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Bande (recadación da taxa pola subministración de auga potable).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 24 de abril de 2015, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Bande (recadación da taxa pola subministración de auga potable), nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 29 de abril de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense