Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (328/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 328/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerardo Posada Rivera contra Aislamientos Loar, S.C. e Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Gerardo Posada Rivera, representado pola letrada Sra. Rodríguez Moreda, contra Aislamientos Loar, S.C., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 2.638,49 euros polos conceptos especificados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu pese a constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, o afecten.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E, para que sirva de notificación en forma a Aislamientos Loar, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 11 de maio de 2015

O secretario xudicial