Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2015/75-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: ret. LMT A Areosa-Donas.

Situación: Gondomar.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor TIP LA-56 de 399 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 1, na saída GON807 e final no apoio proxectado nº 4 na saída GON807. A instalación está situada na Bandeira, Borreiros, Gondomar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra