Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización da contratación da xestión do servizo de atención residencial para persoas dependentes, mediante a concesión da residencia da Xunta de Galicia no concello do Carballiño.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 87/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21435

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo de atención residencial de 20 prazas para persoas dependentes, mediante a concesión da residencia que a Xunta de Galicia ten no concello do Carballiño.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 85311100.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.11.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.259.404,00 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 334.016,72 euros. Importe total: 417.520,90 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5.3.2015.

b) Data de formalización do contrato: 4.5.2015.

c) Contratista: Agrupación de Actividades Geriátricas, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 252.823,20 euros. Importe total: 262.955,20 euros.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar