Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (281/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber:

Que no procedemento 281/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Villasante Vázquez contra Rucasi Frigoríficos Industriales, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por María Jesús Villasante Vázquez, asistida pola letrada Sra. Souto Neira, contra Rucasi Frigoríficos Industriales, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.991,21 euros, que devindicará os xuros especificados no fundamento de dereito quinto desta resolución.

A cantidade a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada será asumida polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, de ser o caso, lle afecten.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que lle sirva de notificación en forma a Rucasi Frigoríficos Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 12 de maio de 2015

O secretario xudicial