Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2015/28-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT, RBT Casas Baratas (O Barco).

Situación: O Barco de Valdeorras.

Características técnicas:

LMT subterránea a 15 kV de 194 m, condutor RHZ1-2OL con entrada e saída no CT proxectado prefabricado manobra exterior Casas Baratas de 630 kVA e R/T 15.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 16 m en aéreo con condutor RZ e 333 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado.

Orzamento: 102.310,39 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense