Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21900

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/16.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 3, integra as ensinanzas deportivas dentro do sistema educativo como ensinanzas de réxime especial. Así mesmo, no capítulo VIII do título I fixa os principios xerais que as rexerán e atribúelles ás administracións educativas o establecemento do currículo das distintas ensinanzas, do cal formarán parte os aspectos básicos fixados polo Goberno.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 30.1, establece que as probas de carácter específico para o acceso aos ciclos de ensinanzas deportivas serán organizadas e controladas polas administracións educativas; igualmente, nas súas disposicións transitorias segunda e terceira, preceptúa a vixencia temporal das ensinanzas establecidas ao abeiro do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e das normas de desenvolvemento previstas nel.

A Orde do 24 de marzo de 2003, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, regula no ámbito de Galicia as probas de madureza e as de carácter específico para acceder ás ensinanzas deportivas conducentes ás titulacións establecidas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

A disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, sinala que ata a implantación efectiva dunha modalidade ou especialidade deportiva a formación promovida polos órganos competentes das comunidades autónomas ou federacións deportivas será regulada polo Ministerio de Educación.

O capítulo II da Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, aos cales refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece os requisitos de acceso xerais, específicos e para deportistas de alto nivel, alto rendemento e persoas con discapacidade.

O Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauracións de bens culturais e nos estudos superiores de deseño, establece, por primeira vez, os prezos públicos que serán de aplicación para as ensinanzas deportivas.

Por todo o exposto, esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/16, que se rexerán polas seguintes instrucións:

I. Modalidades de acceso.

1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.

c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.

b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.

c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

II. Inscrición para as probas.

1. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos. Alternativamente tamén se poderán presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es (código ED318A).

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo de 2015. Para tal fin, os centros docentes deberán expor nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:

a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.

b) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

c) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

2. Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Tamén poderá utilizarse o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es . Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro.

Igualmente, poderase presentar a solicitude por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En ambos os casos se xuntará a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

– Título de graduado na ESO ou de bacharel, ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da ESO ou do bacharelato.

– Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.

– Certificado da proba de madureza de acceso ás ensinanzas deportivas.

– Certificación que acredite a superación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.

– Certificación que acredite a superación da parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño.

– Certificación de méritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente.

– Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade se non foi emitido pola Xunta de Galicia ou, no caso de que fose emitido pola Xunta de Galicia, non se fose autorizado expresamente o órgano encargado da tramitación para a súa consulta.

– DNI (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).

As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non sexa autorizado o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. As persoas solicitantes da exención total ou parcial da realización da proba de madureza por ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003, xuntarán o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.

4. As persoas solicitantes que aleguen mérito deportivo xuntarán o documento acreditativo da condición de deportista de alto nivel na correspondente modalidade ou especialidade, emitido polo órgano competente en materia deportiva. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.

5. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

6. No caso dos/as aspirantes con discapacidade que soliciten adaptación nas probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, farano constar no punto correspondente da inscrición, e só deberán acreditar o grao de discapacidade mediante certificado, cando este non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de que o interesado non autorice a súa consulta.

Co obxecto de garantir a eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título, o tribunal avaliará o grao de discapacidade e as limitacións que comporte para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, de ser o caso, adaptará os requisitos e as probas de acceso que deban superar as persoas aspirantes, que, en todo caso, deberán respectar o esencial dos obxectivos fixados no Real decreto 1363/2007 e das ensinanzas mínimas da modalidade ou especialidade deportiva correspondente.

7. Volante de inscrición condicional, en caso de alegar titulacións obtidas no estranxeiro, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e do 30 de abril de 1996, para a aplicación do disposto no Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28 de decembro).

8. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso, poderán presentarse á proba de madureza.

9. O día 13 de xullo de 2015 os centros onde se realice a inscrición enviarán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través de mensaxaría urxente, a relación de persoas inscritas para realizaren as probas de acceso, xunto coa documentación presentada, en que deberán constar expresamente as persoas que solicitan exención das probas ou probas adaptadas. Unha vez rematadas as probas, a documentación será remitida ao centro de orixe.

10. A relación provisional de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 20 de xullo, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es

11. Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisorias a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude desde o día 21 ao 22 de xullo. Os centros remitirán estas alegacións, xunto coa documentación presentada, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o día 22 de xullo por mensaxaría urxente.

12. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 24 de xullo, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es

III. Desenvolvemento das probas.

1. A proba de madureza realizarase segundo figura no anexo III desta resolución e terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican a seguir:

a) Grao medio. Proba de madureza: 2 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

– Lingua Galega.

– Lingua Castelá.

– Parte sociocultural.

– Parte científico-tecnolóxica.

b) Grao superior. Proba de madureza: 2 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

– Lingua Galega e Literatura.

– Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua estranxeira (Inglés/Francés).

– Historia de España.

– Historia da Filosofía.

– Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

– Cidadanía e Filosofía.

2. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:

– Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 8 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 9 de setembro ás 10.00 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

– Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 9 de setembro ás 9.30 horas.

– Na modalidade de Fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 10 de setembro ás 10.00 horas.

– Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 11 de setembro ás 10.00 horas.

– Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 14 de setembro ás 10.00 horas.

– Na modalidade de Hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz-Balneario, o día 15 de setembro ás 10.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por ser o centro directivo habilitado para coordinar estas probas e os seus criterios de avaliación.

IV. Tribunais das probas.

Os tribunais constituiranse de acordo co descrito nos respectivos decretos polos que se establecen os currículos das modalidades ou especialidades correspondentes, tal como figuran nos anexos IV e V da presente resolución.

V. Reclamacións.

1. Contra as cualificacións provisorias das probas de acceso poderase presentar reclamación ante o presidente ou a presidenta do tribunal durante os dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

2. Contra as resolucións das reclamacións, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondente segundo o ámbito provincial en que se ditase a resolución impugnada. A resolución deste recurso porá fin á vía administrativa.

3. Contra a resolución do recurso de alzada as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.

VI. Certificación das probas de madureza.

Unha vez publicada a listaxe definitiva de aspirantes que superaron a proba de madureza, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa remitirá os correspondentes certificados de ter superada a proba aos centros onde os/as aspirantes realizaron a inscrición.

VII. Matrícula.

1. O prazo de matrícula dos/as aspirantes que superen as probas de acceso abranguerá desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 18 de setembro.

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, os modelos estarán dispoñibles no enderezo http://sede.xunta.es . Os centros tamén poderán facilitar ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo II a esta resolución (código ED318B). Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada.

Tamén se poderá presentar a solicitude por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Coa solicitude, os interesados deberán achegar a documentación que se relaciona no anexo II desta resolución, aquela que non fora presentada coa solicitude de admisión ás probas.

Igualmente, non se deberá presentar aquela documentación que xa estivese en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

3. No relativo a criterios de admisión, observarase o disposto polo Real decreto 1363/2007, no seu artigo 34.

VIII. Datos de carácter persoal.

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Alumnado, regulado na Orde desta consellería do 26 de marzo de 2012 (DOG núm. 66, do 4 de abril). O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxeefp@edu.xunta.es

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

I. Proba de madureza dos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas.

A proba de madureza constará das seguintes partes:

Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía).

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.

II. Proba de madureza dos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas.

A proba de madureza versará sobre as seguintes materias comúns propias do currículo do bacharelato:

– Lingua Galega e Literatura.

– Lingua Castelá e Literatura.

– Filosofía e Cidadanía.

– Lingua estranxeira (Inglés/Francés).

– Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

– Historia de España.

– Historia da Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será dunha hora para cada materia.

Neste exercicio valorarase o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

ANEXO IV

Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de madureza das ensinanzas deportivas para o curso 2015/16:

Tribunal titular

Tribunal suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Isabel Serna Masiá

Secretaria

Noemí Álvarez Villar

Secretaria

Blanca Río Rey

Vogal 1ª

Mª Luz Ares Fandiño

Vogal 1ª

Mª Blanca Fraga Lago

Vogal 2ª

Pilar Peñas Boleas

Vogal 2ª

Mª Teresa de Jesús Rey Rey

Vogal 3ª

Julia Taboada Martínez

Vogal 3º

Enrique Juan Álvarez Escudero

Vogal 4ª

Carmen Meiriño González

Vogal 4ª

Marta Coria Blanco

Vogal 5º

Manuel Ángel García Gómez

Vogal 5º

Manuel Mira Martínez

ANEXO V

1. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico das ensinanzas deportivas en Fútbol I (A Coruña) para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Xurxo Pena García

Vogal 1º

José Manuel Martínez Paz

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Modesto Yáñez Garrote

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3º

Antonio Alberto Villamor Pérez

Vogal 3º

Emilio de Vicente Nogueira

2. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en Fútbol II (Pontevedra) para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Telmo Silva Alonso

Vogal 1º

Tomás Montoya Aboal

Vogal 1º

José Jorge Martínez Rodríguez

Vogal 2º

Francisco Pérez Carral

Vogal 2º

Miguel Ángel Abarca Ribas

Vogal 3º

Xurxo Pena García

Vogal 3º

Emilio de Vicente Nogueira

3. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en Fútbol Sala para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Javier Rodríguez Sarmiento

Vogal

Isidro Grela Mosquera

Vogal

José Jorge Martínez Rodríguez

4. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en Baloncesto para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Jesús Miguel Jaureguiza

Vogal

Iván Villar Fernández

Vogal

Pablo Villaronga Paz

5. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en Balonmán para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Anxo Gómez García

Vogal

Emilio Pintos Soto

Vogal

Miguel Ángel Abarca Ribas

6. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico ás ensinanzas deportivas en Atletismo para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Eduardo Pérez Romero

Vogal

Roberto Marcos Ferreiro

Vogal

Santiago Cabado Estraviz

7. Composición do tribunal único que deberá xulgar as probas de acceso de carácter específico das ensinanzas deportivas en Hípica para o curso 2015/16:

Comisión titular

Comisión suplente

Presidente

Fernando Fernández Fraga

Presidenta

Mª Adoración de la Fuente Fernández

Secretario

Juan Emilio Riveiro Rodríguez

Secretario

Telmo Silva Alonso

Vogal

David Arranz Álvarez

Vogal

Gustavo Barroso Pernas

ANEXO VI

Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol Sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)