Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22289

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2015 pola que se publica o Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de maio de 2015 adoptou entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar o Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), segundo se dispón no artigo 33.1 da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia.

2. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo se dispón no artigo 33.3 da Lei 5/2007, de emerxencias de Galicia.

3. Deixar sen efecto o Plan especial de protección civil ante de emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 163, do 23 de agosto de 2001).

Para dar cumprimento ao disposto no punto 2 do devandito acordo,

RESOLVO:

Proceder á publicación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia (Peifoga), no enderezo da páxina web http://cpapx.xunta.es/plans-de-emerxencia

O mencionado plan estará dispoñible na sede da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, así como nas dependencias dos servizos de Emerxencias das delegacións territoriais.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza