Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a elaboración do Plan de xestión de risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (clave OH.088.937.SV), non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es .

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración, e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: elaboración do Plan de xestión de risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Número de expediente: OH.088.937.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 112, do 13 de xuño de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 192.237,36 euros. Importe total: 232.607,21 euros.

Data de adxudicación: 13 de abril de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 154.174,37 euros. Importe total: 186.550,99 euros.

Data de formalización do contrato: 28 de abril de 2015.

Contratista: UTE-KV Consultores de Ingeniería, Proyectos y Obras, S.L. & Consulnima, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2 anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos. Actuación 3.53.4: accións enfocadas a diminuír os riscos derivados de episodios extremos como son as inundacións e secas. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia