Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial con condicións do proxecto de expropiación de parcela catastral (expediente FG nº 560).

Por Resolución desta Alcaldía 2292, do 2 de xuño de 2015, acordouse aprobar inicialmente con condicións o proxecto de expropiación da parcela catastral nº 15059A013003120000TD para depósito de augas nos Galgos, Oleiros, de 6.666 m2, propiedade de Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul, presentado pola Xunta de Compensación do Sector SUD-11, Xaz, o día 15.5.2015 nº 6827.

De conformidade cos artigos 143 e 144 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de xuño de 2015

Angel García Seoane
Alcalde presidente en funcións