Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23370

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural de San Xurxo, do concello de Antas de Ulla.

O 16 de xaneiro de 2015 o Concello de Antas de Ulla remite o expediente de referencia, solicitando a súa aprobación definitiva, sobre a cal corresponde resolver á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, conforme a disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en diante LOUG.

Preséntase o proxecto técnico de delimitación, redactado en setembro de 2014 polo arquitecto Santiago Martín Romarís García, e a documentación administrativa da súa tramitación.

Analizada a documentación remitida polo Concello de Antas de Ulla, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes:

– Trámite de información pública mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia (10.12.2012) e nos xornais O Progreso (10.10.2012) e La Voz de Galicia (23.10.2012).

– Certificacións da secretaria municipal sobre a exposición pública do proxecto, sen producirse alegacións, e sobre a aprobación provisional polo Pleno do Concello o 30 de decembro de 2014.

– Informe favorable con condicións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 6 de maio de 2014.

II. Análise e consideracións:

Compróbase que se acredita o cumprimento dos requisitos establecidos pola disposición adicional 2ª.2 da LOUG, e que se incorporan as condicións impostas no antedito informe da DXPC.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución:

Visto canto antecede, resolvo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de San Xurxo, concello de Antas de Ulla.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file