Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 965/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Sixto Marcuño contra Grupo Mgo, S.A., Arquitectura Preventiva Integral, S.A.U., Sanitalia Explotación y Gestión de Infraestructuras y Servicios Sanitarios, S.A.U., Grupo Corporativo Empresarial de Seguridad y Salud, Instituto de Gestión Social para la Formación, S.A.U., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial e Lexaudit, S.L.P. sobre despedimento, se ditou sentenza número 180 cuxos encabezamento e resolución son del teor literal:
«Sentenza.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015.
Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 965/2014 seguidos por instancia de Marta Sixto Marcuño, asistida polo letrado Sr. Rodríguez Mallo, contra as entidades Grupo Mgo, S.A., (é o administrador concursal desta Lexaudit Concursal, S.L.P. que non comparece neste acto) Sanitalia Explotación y Gestión de Infraestructuras y Servicios Sanitarios, S.A.U., representadas polo letrado Sr. Miguel Cayetano Becerril Morán, e contra as entidades Arquitectura Preventiva Integral, S.A.U. (é o administrador concursal desta Lexaudit Concursal, S.L.P.), Grupo Corporativo Empresarial de Seguridad y Salud, Instituto de Gestión Social para la Formación, S.A.U., que non comparecen neste acto pese a estar citadas en legal forma, e contra o Fogasa, que non comparece, sobre despedimento obxectivo individual.
(…)
Resolvo.
Que desestimo a demanda presentada por instancia de Marta Sixto Marcuño, asistida polo letrado Sr. Rodríguez Mallo, contra as entidades Grupo Mgo, S.A., (é administrador concursal desta Lexaudit Concursal, S.L.P., que non comparece neste acto) Sanitalia Explotación y Gestión de Infraestructuras y Servicios Sanitarios, S.A.U., representadas polo letrado Sr. Miguel Cayetano Becerril Morán, e contra as entidades Arquitectura Preventiva Integral, S.A.U. (é o administrador concursal desta Lexaudit Concursal, S.L.P.), Grupo Corporativo Empresarial de Seguridad y Salud, Instituto de Gestión Social para la Formación, S.A.U., que non comparecen neste acto pese a estar citadas en legal forma, e contra o Fogasa que non comparece, sobre despedimento obxectivo individual, e debo declarar e declaro a procedencia do despedimento obxectivo con efectos de 26 de outubro de 2014, condenando a empresa demandada a que aboe a demandante a indemnización por despedimento obxectivo na cantidade de 8.702,99 euros, que deberá efectuarse conforme as normas da lei concursal.
Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíquese as partes a presente resolución.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución bastando la manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.
A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Arquitectura Preventiva Integral, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015
A secretaria xudicial