Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23488

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015 pola que se convocan bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia para o curso 2015/16.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo das facultades que corresponden ao Estado.

A Axencia Turismo de Galicia está a levar adiante unha política de asistencia económica ás/aos estudantes do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (en diante CSHG), que queda concretada en diversas accións, co obxecto de favorecer, dentro das limitacións orzamentarias, a mobilidade, así como a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico dos/as estudantes que cursen as titulacións do CSHG.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de bolsas e subvencións, e no establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, e ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Atendendo a estas consideracións xerais, e en virtude das competencias que me foron atribuídas, e por proposta da Axencia Turismo de Galicia,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2015/16.

2. Solicitudes.

1. Para poder ser beneficiario das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, xunto cos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 7 das bases reguladoras.

3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

4. Información aos interesados.

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://turismo.xunta.es e a páxina web do CSHG.

b) Os teléfonos 981 54 25 19 e 981 54 25 59 do CSHG e fax núm. 981 54 25 90.

c) Enderezo electrónico informacion.cshg@xunta.es.

d) Presencialmente.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico informacion.cshg@xunta.es.

5. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría
de Galicia para o curso 2015/16

Artigo 1. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto o establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2015/16.

Artigo 2. Clases e contías das bolsas

1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

3. Conforme os requisitos académicos e económicos, de ser o caso, as bolsas divídense en dous grupos:

A. Bolsas de matrícula:

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.

b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira.

c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.

B. Bolsas de excelencia:

2 bolsas tipo I para o 1º curso Diploma superior en Xestión Hoteleira.

Artigo 3. Solicitantes

Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2015/16.

Artigo 4. Requisitos xerais

Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:

1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores se encontren traballando en España. De conformidade coa disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes; queda excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.

2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.

3. Matricularse por primeira vez no curso para o cal se pide a bolsa.

4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.

5. Optar só por un tipo de bolsa (matrícula ou excelencia).

Artigo 5. Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas

1. Para ter dereito ás bolsas de matrícula serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Para as bolsas de 1º curso de Diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

b) Para as bolsas de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta resolución.

2. Para ter dereito ás bolsas de excelencia desta resolución será necesario acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

Artigo 6. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supese os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 8. Documentación que se debe presentar

Os interesados achegarán xunto co formulario normalizado, anexo I (TU200A), a seguinte documentación:

1. Para alumnos/as que inicien estudos no CSHG e soliciten bolsa de matrícula:

a) Copia do DNI/NIE do/a solicitante e dos membros da familia maiores de 14 anos, só no caso de que non se autorice a súa consulta.

b) Certificación dos estudos que permitan o acceso á universidade, ou tarxeta da PAAU, que inclúa a nota media para os/as que se matriculen en Diploma superior, bacharelato (ou equivalente) para os que se matriculen en Certificado.

c) Certificado municipal de empadroamento do/a solicitante e de todos os membros que compoñan a unidade familiar, só no caso de que non se autorice a súa consulta.

d) Certificacións de ingresos (IRPF/Datos fiscais) de todos os membros da unidade familiar maiores de 18 anos, do ano 2014. A autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellaría competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia dos ingresos do solicitante vai implícita coa presentación da solicitude, de conformidade co artigo 20.3 da Lei de subvencións, e só se presentará no caso de que o solicitante denegue expresamente o consentimento.

No caso dos demais membros da unidade familiar, as autorizacións deberán facerse expresamente mediante a presentación do anexo III.

e) Certificacións catastrais literais de todos os membros da unidade familiar, só no caso de que non se autorice a súa consulta.

f) Copia do libro de familia.

Se procede, para os casos que sexa necesario, incluír:

a) Xustificante de orfandade absoluta do/a solicitante.

b) Documentación acreditativa da independencia familiar e económica

c) Xustificante da condición e grao de discapacidade dos membros da unidade familiar, só no caso de que non se autorice a súa consulta ou sexa expedido por outra comunidade autónoma.

d) Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), só no caso de que non se autorice a súa consulta ou sexa expedido por outra comunidade autónoma.

e) Xustificante de estudos universitarios de membros da unidade familiar menores de 25 años e residentes fóra do domicilio familiar, durante o curso 2014/15.

f) Xustificación de viuvez, estado de solteiro, separación ou divorcio do pai ou a nai do/a solicitante.

2. Para alumnos/as que inicien estudos no CSHG e soliciten bolsa de excelencia:

a) Copia do DNI/NIE do/a solicitante e dos membros da familia maiores de 14 anos, só no caso de que non se autorice a súa consulta.

b) Certificación dos estudos que permitan o acceso á universidade, ou tarxeta da PAAU, que inclúa a nota media para os que se matriculen en Diploma superior.

Artigo 9. Selección

1. Bolsas de matrícula.

Concederáselle unha bolsa, que consistirá no desconto do importe que o alumno/a teña que aboar pola matrícula en réxime externo segundo o tipo (tipo I ou tipo II) da bolsa.

A ordenación e a selección faranse ordenando todas as solicitudes que cumpran os requisitos, segundo a puntuación obtida pola renda familiar e polo seu expediente académico, ata esgotar o número de bolsas destinado para cada modalidade.

Para as seis primeiras puntuacións de Diploma superior as bolsas serán de tipo I e de tipo II para as doce seguintes (50 %). En Certificado serán de tipo II.

A puntuación por solicitante será o resultado de ponderar a renda familiar nun 60 % e o expediente académico nun 40 %.

A puntuación obtida da renda familiar (A) será segundo os límites de renda no punto 12 do artigo 9.

A puntuación obtida no expediente académico (B) virá dada pola fórmula: (cualificación expediente - 5) * 4/5.

Para o cálculo das notas do expediente:

Para 1º curso de Diploma superior empregarase a cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso.

Para 1º curso de Certificado empregarase a cualificación do expediente de bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores.

A puntuación total será o resultado da suma de A e B.

En caso de empate entre dous ou máis solicitantes, procederase ao desempate de acordo co expediente académico dos/as solicitantes afectados/as.

2. Bolsas de excelencia.

A selección farase ordenando todas as solicitudes que cumpran os requisitos, en función da nota da proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica.

A ordenación das solicitudes e a proposta de concesión realizaranse priorizando as solicitudes en atención da maior nota a menor ata esgotar o número de bolsas destinado para esta modalidade.

Artigo 10. Límites de renda e puntuacións

1. A renda familiar obterase pola agregación das rendas do exercicio 2014 de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, calculadas segundo se indica nos parágrafos seguintes e de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2. Para a determinación da renda dos membros computables que presenten declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas, procederase do seguinte xeito:

– Primeiro. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

– Segundo. Deste resultado restarase a cota resultante da autoliquidación

3. Para a determinación da renda dos membros computables que obteñan ingresos propios e non presentasen a declaración do IRPF seguirase o procedemento descrito no parágrafo primeiro deste punto anterior e do resultado obtido restaranse os pagamentos á conta efectuados.

4. Para o cálculo da renda familiar para efectos de bolsa, son membros computables da familia o pai e a nai, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor, se é o caso, o/a solicitante, os irmáns solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar o 31 de decembro de 2014 ou os maiores de idade, cando se trate de persoas con discapacidade, así como os ascendentes dos pais que xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores co certificado municipal correspondente. No caso de solicitantes que constitúan unidades familiares independentes, tamén se considerarán membros computables o cónxuxe ou, de ser o caso, a persoa que se atope unido por análoga relación, así como os fillos, se os houber.

5. No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais non se considerará membro computable aquel que non conviva co/a solicitante da bolsa. Terá, non obstante, a consideración de membro computable, de ser o caso, o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, cuxas rendas se incluirán dentro do cómputo da renda familiar.

6. Nos casos en que o/a solicitante alegue que é o único membro da unidade familiar, deberá acreditar con que medios económicos conta. No caso de que os ingresos acreditados resulten inferiores aos gastos soportados, considerados indispensables (vivenda, manutención, etc.) entenderase non probada a independencia, polo que para o cálculo da renda, para efectos de bolsa, computaranse os ingresos correspondentes aos membros computables da familia a que se refire o punto 5 deste artigo. De non xustificar suficientemente estes aspectos, a solicitude será obxecto de denegación.

7. Obtida a renda familiar para efectos de bolsa segundo o establecido nos números anteriores, aplicaranse as deducións seguintes:

a) O 50 % de renda computable por cada un dos membros da unidade familiar distinto do sustentador principal e do seu cónxuxe.

b) 500 euros por cada irmán, incluído o/a solicitante, que conviva no domicilio familiar, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral e 765,00 euros para familias numerosas de categoría especial, sempre que teñan dereito a este beneficio. Cando sexa o/a propio solicitante o/a titular da familia numerosa, as cantidades sinaladas serán computadas en relación cos fillos que a compoñan.

c) 1.811 euros por cada irmán ou fillo do solicitante ou propio solicitante que estea afectado de discapacidade, legalmente cualificada, de grao igual ou superior ao 33 %. Esta dedución será de 2.881 euros cando a discapacidade sexa de grao igual ou superior ao 65 %.

d) 1.176 euros por cada fillo menor de 25 anos que curse estudos universitarios e resida fóra do domicilio familiar, cando sexan dous ou máis os fillos estudantes con residencia fóra do domicilio familiar por razón de estudos universitarios.

e) Incrementaranse os límites de renda media por membro da unidade familiar aplicables nun 20 % cando o/a solicitante sexa orfo/a absoluto.

8. A bolsa solicitada será denegada no caso de que a renda media por membro da unidade familiar sexa superior a 14.273 euros.

9. A bolsa solicitada será denegada cando as actividades económicas das cales sexan titulares os membros computables da familia teñan un volume de facturación, en 2014, superior a 155.500 euros. Para os efectos do cómputo do dito valor de volume de facturación, deducirase o 50 % do valor dos que pertenzan a calquera membro computable da familia, excluídos os sustentadores principais.

10. Denegarase a bolsa, calquera que sexa a renda familiar calculada segundo o disposto nos artigos anteriores, cando o valor dos elementos indicativos do patrimonio do conxunto de membros computables da familia supere algún ou algúns dos limiares seguintes:

a) A suma dos valores catastrais dos predios urbanos que pertenzan aos membros computables da familia, excluída a vivenda habitual, e aqueles bens que se atopan afectos a actividades económicas realizadas por calquera dos membros computables da unidade familiar, non poderá superar 42.500 euros.

b) A suma dos valores catastrais dos predios rústicos que pertenzan aos membros computables da familia non poderá superar 13.130 euros por cada membro computable.

c) A suma dos rendementos netos reducidos do capital mobiliario máis o saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais pertencente aos membros computables da familia, excluíndo as subvencións recibidas para adquisición ou rehabilitación da vivenda habitual e, de ser o caso, a renda básica de emancipación, non poderá superar 1.700 euros.

d) Cando sexan varios os elementos indicativos do patrimonio descritos nas alíneas anteriores de que dispoñan os membros computables da familia, calcularase a porcentaxe de valor de cada elemento respecto do límite correspondente. Denegarase a bolsa cando a suma das referidas porcentaxes supere 100.

e) Para os efectos do cómputo do valor dos elementos a que se refiren as alíneas anteriores, deducirase o 50 % do valor dos que pertenzan a calquera membro computable da familia, excluídos os sustentadores principais.

11. A renda media por membro da unidade familiar puntuarase seguindo os seguintes tramos:

Renda media por membro da unidade
familiar (en euros)

Puntuación

14.273 ou máis

Excluído

13.831 a 14.272

0

13.389 a 13.830

0,25

12.948 a 13.388

0,5

12.506 a 12.947

0,75

12.065 a 12.505

1

11.623 a 12.064

1,25

11.183 a 11.622

1,5

10.741 a 11.182

1,75

10.300 a 10.740

2

9.858 a 10.299

2,25

9.417 a 9.857

2,5

8.975 a 9.416

2,75

8.534 a 8.974

3

8.093 a 8.533

3,25

7.651 a 8.092

3,5

7.211 a 7.650

3,75

6.769 a 7.210

4

6.328 a 6.768

4,25

5.886 a 6.327

4,5

5.445 a 5.885

4,75

5.003 a 5.444

5

4.562 a 5.002

5,25

4.120 a 4.561

5,5

3.679 a 4.119

5,75

0 a 3.678

6

Artigo 11. Ingresos e gastos. Modelo de declaración xurada

No caso de que non exista información en poder das administracións tributarias do/a solicitante e dos compoñentes da súa unidade familiar, é necesario realizar unha declaración xurada en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar incluíndo, ademais, unha relación de bens mobles e inmobles, acompañadas dun extracto cos saldos medios mensuais de contas bancarias que posúan os membros da unidade familiar.

Artigo 12. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión das bolsas pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor: a obter da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da Consellería de Facenda os datos de carácter tributario do solicitante necesarios para a determinación da renda da unidade de convivencia. No caso dos demais membros da unidade familiar, as autorizacións deberán facerse expresamente mediante a presentación do anexo III.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Axencia Turismo de Galicia, na epígrafe correspondente ao CSHG, publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das bolsas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas bolsas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

5. A reserva que o/a peticionario/a poida facer no senso de non autorizar a obtención de datos ou a súa publicidade nos rexistros, que en todo caso terá que expresarse por escrito, poderá dar lugar á exclusión do proceso, de participación para obter a bolsa ou, noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro das cantidades percibidas.

Artigo 13. Compatibilidade con outras axudas

Estas axudas son compatibles con calquera outra axuda económica para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas ditas axudas, supere o custo da matrícula do curso solicitado.

Artigo 14. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Turismo de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Turismo de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: A Barcia. Estrada Santiago-Noia km 1, 15896 Santiago, ou a través dun correo electrónico a lopdturga@xunta.es.

Artigo 15. Órganos competentes

A Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da bolsa, e á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia corresponderalle ditar a resolución de concesión.

Artigo 16. Instrución

1. Unha vez finalizado o prazo de recepción de solicitudes, determinarase se reúnen os requisitos establecidos nestas bases, para logo expoñer as listas das solicitudes admitidas e excluídas con indicación das causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios do CSHG. Así mesmo, estas listas tamén poderán ser consultadas, na epígrafe de «Titulacións □ Bolsas e financiamento» do enderezo www.cshg.es

2. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o/a interesado/a para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir o solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 17. Comisión avaliadora

1. A selección dos candidatos será realizada por unha comisión avaliadora integrada por:

Presidente/a: o titular da Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

Secretario/a: o titular do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, que actuará como membro do órgano, con voz e voto.

Vogais:

A persoa titular do departamento de Coordinación Académica do CSHG.

Un/unha asesor/a técnico/a da Axencia Turismo de Galicia.

A persoa titular do Departamento de Márketing do CSHG.

2. Se por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examinar as solicitudes, algún dos compoñentes non puider asistir, será substituído/a pola persoa que para o efecto nomee a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

3. A comisión redactará acta das súas deliberacións e elaborará un informe en que constarán:

– Relación de bolsas propostas para as modalidades de matrícula e de excelencia para cada unha das titulacións, de conformidade cos criterios de valoración fixados nestas bases.

– Lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia dalgunha delas, por orde de puntuación, segundo as modalidades de bolsas reguladas nestas bases e para cada titulación.

Á vista do informe da comisión avaliadora, o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada, en que se detallarán as bolsas concedidas, o importe e os beneficiarios, así como as listas de reserva. Esta proposta publicarase na internet, na epígrafe de «Titulacións □ Bolsas e financiamento» do enderezo www.cshg.es, así como no taboleiro de anuncios do CSHG, e os/as interesados/as poderán formular alegacións nun prazo de 10 días, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Resolución e notificación

1. Examinadas as alegacións, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución definitiva e elevaralla á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

2. A persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, á vista da proposta de resolución, ditará no prazo de 15 días desde a súa elevación a correspondente resolución motivada, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, coa cal se entenderán notificados para todos os efectos os/as solicitantes, de conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta resolución será de cinco meses, contados a partir do remate do prazo de presentación de solicitudes. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa e, en todo caso, a obtención concorrente de bolsas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de conformidade cos requisitos establecidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 17.

3. Cando o beneficiario da bolsa poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da bolsa, e que poden dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da bolsa poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime o beneficiario das sancións que lle poidan corresponder conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa en contra, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á bolsa poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo IV, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se comunique a renuncia en prazo, a directora da Axencia Turismo de Galicia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

3. No caso de que os/as beneficiarios/as non acepten a bolsa, serán substituídos/as polas persoas que figuren na correspondente listaxe de reserva en función da súa puntuación.

Artigo 21. Aboamento e xustificación das bolsas

Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, o/a beneficiario/a poderá descontar dos prezos da matrícula o tipo de bolsa que lle foi concedido.

Artigo 22. Obrigas dos/as solicitantes e beneficiarios/as

Os/as solicitantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios/as de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indicado no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

O alumnado que resulte beneficiario destas bolsas comprométese ao cumprimento do establecido nesta convocatoria e na súa resolución, así como a cumprir as seguintes obrigas:

a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que estea matriculado e non anular a matrícula.

b) Cumprir os requisitos e condicións establecidos para a concesión e goce da bolsa.

c) Cooperar coa Administración nas actuacións de comprobación que sexa necesario verificar, se procede, do cumprimento e da efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa.

d) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude ou na declaración responsable e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Axencia Turismo de Galicia.

e) Informar o órgano concedente da obtención doutras axudas ou bolsas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.

f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das bolsas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.

Artigo 23. Duración das bolsas e renovación

a) A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a que lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido nalgunha das dúas modalidades de bolsa.

b) As bolsas de matrícula concédense durante a totalidade dos cursos de que se compón a titulación para a cal foi concedida, sempre que non exista unha variación substancial da situación económica e o alumno/a cumpra os requisitos para o seu mantemento. Enténdese que existe unha variación substancial cando a situación económica en cada un dos anos fiscais seguintes á concesión da bolsa supere en 6.000 euros ou máis a renda media establecida para obter bolsa este ano.

c) Os/as solicitantes que aspiren á renovación da bolsa de matrícula deberán presentar os datos fiscais referidos a cada un dos membros computables da unidade familiar: os datos fiscais de 2014; copia da declaración de IRPF ou, de ser o caso, o borrador do IRPF confirmado, correspondente ao dito exercicio 2014 e certificado de empadroamento actualizado para os efectos de confirmar que non se produciron variacións no número de integrantes computables da unidade familiar. Téñase en conta que esta documentación deberá ser achegada obrigatoriamente por todos os membros computables da unidade familiar que en 31 de decembro de 2014 teñan unha idade igual ou superior a 18 anos.

d) As bolsas de excelencia académica concederanse pola totalidade dos cursos de que se compoña a titulación para a cal foi concedida, sempre e cando o/a alumno/a cumpra os requisitos para o seu mantemento no curso seguinte. O/a alumno/a deberá obter unha media no curso anterior igual ou superior nun 20 % á nota media ponderada da súa promoción ou curso.

e) A concesión da bolsa para unha titulación non supón, en ningún caso, o seu mantemento se desexa iniciar unha titulación diferente. Non terán dereito a bolsa os/as alumnos/as que desexen matricularse no curso de convalidación do Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.

f) O/a alumno/a que obteña unha bolsa para cursar unha titulación do CSHG e que, non tendo finalizados os cursos de que esta se compón, desexe iniciar outra titulación diferente, perdería os dereitos da bolsa que estivo gozando.

g) O/a alumno/a que cause «baixa voluntaria» implicará a perda da bolsa para reiniciar ese curso e cursar os seguintes.

h) O/a alumno/a que acumule dúas ou máis sancións por faltas graves ou unha moi grave poderá perder a bolsa.

i) A cualificación de stage incompleto ou insatisfactorio supón a perda da bolsa.

j) A non entrega da documentación exixida para acreditar a situación económica e patrimonial da unidade familiar ou a presentación fóra do prazo establecido será motivo de exclusión.

Artigo 24. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados/as poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Artigo 25. Remisión normativa

É de aplicación o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file