Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Boimorto (expediente 2015AAE1765; código web 1699/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de maio de 2015 sobre a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Boimorto.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental