Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 23983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cotobade (expediente IN407A 2015/44-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Concello de Cotobade.

Domicilio social: A Chan, 11, Carballedo, 36856 Cotobade.

Denominación: LMTS, CT campo de fútbol As Extremas.

Situación: Cotobade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 30 metros de lonxitude, con orixe na LMTA principal Carballedo (apoio 4EM00228) de Eléctrica de Moscoso, S.L. e final no CT proxectado. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no campo de fútbol das Extremas, O Facho, Rebordelo, Cotobade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de marzo de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra