Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 16 de xuño de 2015 Páx. 24031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a formalización do servizo de mantemento do sistema de información clínica do paciente crítico Intellispace Critical Care and Anesthesia (ICCA) e do sistema de información clínica de ecocardiografía e hemodinámica Xcelera R3 (expediente NB-EIC1-15-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: NB-EIC1-15-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento do sistema de información clínica do paciente crítico Intellispace Critical Care & Anesthesia (ICCA) e do sistema de información clínica de ecocardiografía e hemodinámica Xcelera R3 para a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Lote: único.

d) CPA (referencia de nomenclatura): 62.02.30.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 72267100-0.

f) Acordo marco (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado (suxeito á regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 171.902 euros. Importe total: 208.001,42 euros (engadido o 21 % do IVE).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15.4.2015.

b) Data de formalización do contrato: 25.4.2015.

c) Contratista: Philips Ibérica, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: lote único.

Importe neto: 171.902 euros.

Importe total: 208.001,42 euros (engadido o 21 % do IVE).

A Coruña, 8 de xuño de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña