1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 24/2015.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de soporte e desenvolvemento evolutivo dos sistemas de información de xestión de produción agropecuaria e de fondos europeos agrícolas da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses a contar a partir do 1 de novembro de 2015.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 991.735,54 € máis 208.264,46 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.200.000 € (un millón douscentos mil euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:
• 2015: 82.644, 63 € + IVE (17.355,37 €) = 100.000 €.
• 2016: 495.867,77 € + IVE (104.132,23 €) = 600.000 €.
• 2017: 413.223, 14 € + IVE (86.776, 86 €) = 500.000 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22867
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 9.7.2015, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicaranse no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 17.2.2015.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 10.6.2015.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia