O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 9 de xuño actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 1663-2015, presentada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario núm. 4443-2013, en relación co artigo 32.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, por posible vulneración do artigo 194.1.18ª da Constitución española, e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) da LOTC, deferir á Sala Primeira, á que por quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento da presente cuestión.
De conformidade co establecido no artigo 37.2 da LOTC, quen sexa parte no procedemento ordinario núm. 4443-2013 poderá comparecer ante este Tribunal dentro dos quince días seguintes á publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.
Madrid, 9 de xuño de 2015
Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional