Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día, no proceso seguido por instancia de Antonio Casqueiro Davila contra Sequor Seguridad, S.A., Grupo Cetsa Seguridad, S.A., Proseman, S.L., Nordes Vigilancia, S.A., rexistrado co número DSP 369/2013, se acordou citar a Proseman, S.L.. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 o día 6.7.2015 ás 12.10 e 12.15 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e das demais resolucións e documentos existentes no procedemento.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
E, para que sirva de citación a Proseman, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.
Santiago de Compostela, 27 de Maio de 2015
A secretaria xudicial