Procedemento ordinario 554/2014
Sobre: ordinario
Demandante: Julio Pérez Barcia
Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado
Demandado: Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., Fogasa
Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 554/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Pérez Barcia contra a empresa Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
Que estimo a demanda interposta por Julio Pérez Barcia fronte á empresa Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L. e condeno a demandada a que lle aboe a aquela a seguinte cantidade: 1.747,45 euros, máis 10 % de xuro por mora ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.
Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.
Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ariel Villaverde Gestión y Digitalización, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 27 de abril de 2015
A secretaria xudicial