Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1127/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Omar Costa Barcia contra o Fondo de Garantía Salarial, Albealia Restauración Coruña 2, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña.
Despedimento/cesamentos en xeral 1127/2014.
Procedemento orixe: sobre despedimento.
Demandante: Rubén Omar Costa Barcia.
Avogada: Iria Flavia Vázquez Rivera.
Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Albealia Restauración Coruña 2, S.L.
Auto:
Xuíz: Javier López Cotelo.
Na Coruña, 25 de maio de 2015.
Parte dispositiva
– Procede rectificar a sentenza ditada nos presentes autos o 2.2.2015, de tal forma que, na resolución, no número 2, onde di: «38,40 euros/día», debe dicir: «71,35 euros/día».
Contra esta resolución non cabe recurso ningún.
Así o pronuncio, mando e asino.
Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.
Para que conste e sirva de notificación a Albealia Restauración Coruña 2, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
A Coruña, 25 de maio de 2015
A secretaria xudicial