Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información no eido dos centros educativos non universitarios da Xunta de Galicia (expediente 94/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información no ámbito de educación da Xunta de Galicia.

b) Tipo: servizo.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 16 de xaneiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 80.578,50 €.

5. Orzamento base de licitación: 53.719,00 €, máis 11.280,99 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 64.999,99 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 8 de maio de 2015.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación: 58.443,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia