Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-308/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca Recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquen en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º de Ourense.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de xuño de 2015

P.A.
Marisol Díaz Mouteira
Secretaria territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-308/14.

NIF: 44480440-G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono; r/ Curros Enríquez, 25, baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 1.950 € máis un mes de suspensión de licenza municipal de apertura.