Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (776/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 776/2012, por instancia de María Luisa García Vidal contra a empresa Naval Industrias Fontoria, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre maternidade, en que recaeu sentenza con data do 20 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por María Luisa García Vidal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Naval Industrias Fontoria, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase ao Instituto Nacional da Seguridade Social a aboar á demandante a cantidade 198,69 euros en concepto de diferenzas na prestación de maternidade recoñecida.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Naval Industrias Fontoria, S.L. , expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2015

A secretaria xudicial