Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de xuño de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de reposición formulado por José Andrés Villamarín Taboada.

Con data do 6.5.2015, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se desestima o recurso de reposición formulado por José Andrés Villamarín Taboada contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 3 de febreiro de 2015, pola que se lle autoriza a compatibilidade solicitada polo interesado entre as actividades públicas principal e secundaria e se lle denega entre as referidas actividades públicas e a privada.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado» tras os dous intentos, respetivamente, en que consta «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a José Andrés Villamarín Taboada a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso contencioso-administrativo ante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública