Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Constitucións:

a) A sociedade agraria de transformación Vivaz Plant, SAT nº 1428 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social na avda. Ordóñez, núm. 47, Goián-Tomiño (Pontevedra); obxecto social: produción e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros e forestais; capital social: 12.000,00 €; nº socios: 4. A súa xunta reitora está integrada por: Antonio Tartagilione Cal, presidente; Santos Rodríguez Ozores, secretario; Joaquín Álvarez Martínez e Juan Ángel Pérez González, vogais.

B) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Samperez, SAT nº 1408 XUGA, na asemblea xeral do 7 de abril de 2015, acorda:

1. Modificar a Xunta Reitora, que estará composta por: José Calvo Suárez, presidente; María Teresa González Lema, secretaria, e Albina Suárez Romar, vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Daniberto, SAT nº 1221 XUGA, na asemblea xeral do 13 de abril de 2015, que ratifica a do 28 de novembro de 2014, acorda:

1. Modificar a Xunta Reitora, que estará composta por: Fernando Pérez Chao, presidente; Daniel Pérez Pérez, secretario, e Alberto Pérez Pérez, vogal.

c) A sociedade agraria de transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na acta da asemblea do 1 de abril de 2015 que ratifica a do 31 de decembro de 2014, acorda:

1. Aprobar a baixa de Ganadería Mascoto, S.C., a quen lle liquidan os dous xustificantes nominativos que ten.

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 4.496,94 € e estará representado por 747 títulos nominativos de 6,02 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que estará composta por: Jesús Tomé Vilariño, presidente; José Luis Pérez Merelas, secretario; Manuel Miraz Díaz, tesoureiro; José Manuel Brañas Estraviz, Javier Vázquez Vilariño, José Pereira López e José Antonio Ares Sánchez, vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Gandería Sar, SAT nº 1388 XUGA, na asemblea xeral do 4 de maio de 2015, acorda:

1. Anular os acordos tomados na acta de asemblea do 23 de xullo de 2010.

Aprobar a acta da asemblea do 11 de febreiro de 2015, que ratifica a do 30 de outubro de 2012 e na cal se acorda:

1. Aprobar a ampliación do capital social por importe de 746.300,00 €.

Como consecuencia desta ampliación do capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Carlos Fernández Ares 5.916 títulos 295.800,00 € de capital social

María Isabel Martínez Pérez 3.207 títulos 160.350,00 € de capital social

José Souto Caneda 3.123 títulos 156.150,00 € de capital social

Fernando Tarrío Martínez 2.887 títulos 144.350,00 € de capital social

Pedro Souto Santos 2.793 títulos 139.650,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 896.300,00 € e estará representado por 17.926 xustificantes nominativos de 50,00 € cada un deles».

Na acta da asemblea do 5 de maio de 2015, que modifica a acta da asemblea do 10 de outubro de 2014 que se eleva a pública mediante escritura do 31 de outubro de 2014, na cal se acorda:

1. Aprobar a alta do socio Jesús Sanda Souto, que achega á sociedade un capital de 22.000,00 € representados por 440 títulos de 50,00 € cada un deles.

Como consecuencia desta ampliación de capital e modificación da acta, o capital queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Carlos Fernández Ares 5.916 títulos 295.800,00 € de capital social

María Isabel Martínez Pérez 3.207 títulos 160.350,00 € de capital social

José Souto Caneda 3.123 títulos 156.150,00 € de capital social

Fernando Tarrío Martínez 2.887 títulos 144.350,00 € de capital social

Pedro Souto Santos 2.793 títulos 139.650,00 € de capital social

Jesús Sandá Souto 440 títulos 22.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 918.300,00 € e estará representado por 18.366 xustificantes nominativos de 50,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, segundo consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a ter seis membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que estará composta por: Carlos Fernández Ares, presidente; Fernando Tarrío Martínez, secretario; Pedro Souto Santos, tesoureiro; José Souto Caneda, María Isabel Martínez Pérez e Jesús Sanda Souto, vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Cachán, SAT nº 997 XUGA, na acta de asemblea do 20 de abril de 2015, acorda:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que estará composta por: Remedios Granda Gutiérrez, presidenta; Juan José Fernández Granda, secretario e Jesús Fernández Reimonde, vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Cheirega, SAT nº 1366 XUGA, na acta de asemblea do 30 de marzo de 2015, acorda:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que estará composta por: Alfonso González Corral, presidente; Noelia Carreira Somoza, secretaria, e David Corral Canle, vogal.

g) A sociedade agraria de transformación Gasalla, SAT nº 1134 XUGA, na escritura pública do 31 de marzo de 2015, acorda:

1. Aprobar a transformación de Gasalla, SAT nº 1134 XUGA en Ganadería Gasalla, S.L., que está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 3.544, folla nº C-53.438, folio 141.

h) A sociedade agraria de transformación Casa Novas, SAT nº 1021 XUGA, na escritura pública do 12 de decembro de 2014, acorda:

1. Aprobar a transformación de Casa Novas, SAT nº 1021 XUGA en Ganadería Carro, S.L., que está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 3.536, folla nº C-52.047, folio 190.

i) A sociedade agraria de transformación Céltigos, SAT nº 4096, na escritura pública do 27 de marzo de 2015, acorda:

1. Aprobar a transformación de Céltigos, SAT nº 4096 en Ganadería Céltigos, S.L., que está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 3.544, folla nº C-53.436, folio 136.

j) A sociedade agraria de transformación Finca A Cheda, SAT nº 976 XUGA, na escritura pública do 27 de marzo de 2015, acorda:

1. Aprobar a transformación de Finca A Cheda, SAT nº 976 XUGA en Finca A Cheda, S.L., que está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no tomo 3.544, folla nº C-53.434, folio 131.

k) A sociedade agraria de transformación Casa Sande, SAT nº 1367 XUGA, na asemblea xeral do 9 de abril de 2015, que rectifica a do 26 de maio de 2014, acorda:

1. Aprobar a alta da nova socia María Carmen Broz Teijeiro, que achega ao capital social 21 cabezas de gando valoradas en 31.500,00 €.

Como consecuencia desta alta, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

María Carmen Broz Teijeiro 525 títulos 31.500,00 € de capital social

María Carmen Martínez Pernas 736 títulos 44.160,00 € de capital social

Ángel Méndez Martínez 736 títulos 44.160,00 € de capital social

Paulino Méndez Rico 736 títulos 44.160,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 163.980,00 € e estará representado por 2.733 xustificantes nominativos de 60,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que estará composta por: Paulino Méndez Rico, presidente; Mª Carmen Martínez Pernas, secretaria; Ángel Méndez Martínez e María Carmen Broz Teijeiro, vogais.

l) A sociedade agraria de transformación Cobo, SAT nº 1215 XUGA, na acta de asemblea do 1 de abril de 2015, acorda:

1. Aprobar a baixa das socias Blanca Fernández Teijo e Enma del Rosario González, ás cales se lles liquida un importe de 1.200,00 € a cada unha delas.

Como consecuencia destas baixas, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Natalia Yáñez Santamaría 7.145 títulos 71.450,00 € de capital social

José Oliveros Yanes 7.145 títulos 71.450,00 € de capital social

Francisco Oliveros López 3.465 títulos 34.650,00 € de capital social

Mª Vicenta Oroza Cordido 3.465 títulos 34.650,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 212.200,00 € e estará representado por 21.220 títulos nominativos de 10,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que está composta por: José Oliveros Yanes, presidente; Francisco Oliveros López, secretario; Mª Vicenta Oroza Cordido e Natalia Yáñez Santamaría, vogais.

m) A sociedade agraria de transformación Casa Cordeiro, SAT nº 1292 XUGA, na escritura pública do 29 de setembro de 2014, acorda:

1. Aprobar a transformación de Casa Cordeiro, SAT nº 1292 XUGA en Ganadería Cordeiro, S.L., que está inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo no tomo 469, folla nº LU-17.680, folio 164.

n) A sociedade agraria de transformación Ganadería Cavo de Vila, SAT nº 1426 XUGA, na acta da asemblea do 29 de decembro de 2014, acorda:

1. Aprobar a ampliación de capital social por importe de 175.500,00 €.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel López Beltrán 58.600 títulos 58.600,00 € de capital social

María Pilar Rubio Sampedro 58.600 títulos 58.600,00 € de capital social

Alberto López Rubio 58.600 títulos 58.600,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 175.800,00 € e estará representado por 175.800 xustificantes nominativos de 1,00 € cada un deles».

o) A sociedade agraria de transformación O Liñar, SAT nº 1427 XUGA, na acta da asemblea do 29 de decembro de 2014, acorda:

1. Aprobar a ampliación do capital social por importe de 152.700,00 €.

Como consecuencia desta ampliación do capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Luis Miguel López Loureiro 51.000 títulos 51.000,00 € de capital social

María Belén Loureiro Regueiro 51.000 títulos 51.000,00 € de capital social

José Manuel López González 51.000 títulos 51.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 153.000,00 € e estará representado por 153.000 xustificantes nominativos de 1,00 € cada un deles».

p) A sociedade agraria de transformación Folgueira, SAT nº 1264 XUGA, na asemblea xeral do 26 de febreiro de 2015, acorda:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Óscar Folgueira Prados.

2. Aprobar a alta de sete novos socios.

Como consecuencia desta baixa e das altas de socios, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Antonio Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Herminio Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Jesús Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Mª Luisa Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Manuel Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

José Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Teresa Folgueria Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Concepción Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

Josefa Folgueira Puente 10 títulos 100,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 900,00 € e estará representado por 90 xustificantes nominativos de 10,00 € cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora estará formada por nove membros.

4. Modificar a Xunta Reitora, que estará composta por: Antonio Folgueira Puente, presidente; Herminio Folgueira Puente, secretario; Mª Luisa Folgueira Puente, Manuel Folgueira Puente, José Folgueira Puente, Teresa Folgueira Puente, Jesús Folgueira Puente, Concepción Folgueira Puente e Josefa Folgueira Puente, vogais.

q) A sociedade agraria de transformación Bodegas La Tapada, SAT nº 732 XUGA, na asemblea xeral do 15 de maio de 2015, acorda:

1. Modificar a Xunta Reitora, que estará composta por: Senén Guitián Velasco, presidente; María del Carmen Guitián Velasco, secretaria, e Ramón Guitián Velasco, vogal.

C) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación A Chousa, SAT nº 482 XUGA, na asemblea xeral do 29 de novembro de 2014, acorda:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por José Permuy Dobarro.

D) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación A Chousa, SAT nº 482 XUGA, na asemblea xeral do 29 de novembro de 2014, acorda:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria