Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares publicado mediante Resolución do 15 de xuño 2015 pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de administración, xestión técnica, control, operación e mantemento da infraestrutura da rede corporativa de voz e datos da Xunta de Galicia e se modifica o prazo de presentación de ofertas (expediente 32/2015).

Advertido un erro no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 15 de xuño de 2015 (data de envío ao DOUE), cómpre facer a seguinte corrección:

– Na letra K da folla de especificacións, relativa a criterios de adxudicación, concretamente no relativo ao criterio avaliable mediante fórmulas 1.3.2, consta a seguinte puntuación máxima:

Índice

Criterio

Avaliable Mediante Fórmulas

Puntuación

1.3.2

Certificacións:

S

30

De acordo co anterior, na páxina 7 advírtese un erro na fórmula aplicable para calcular o criterio 1.3.2, certificacións, pois a fórmula distribúe a puntuación máxima deste criterio. Concretamente, onde di:

«A valoración das certificacións do equipo de traballo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:

missing image file»

Debe dicir:

«A valoración das certificacións do equipo de traballo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:

missing image file»

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas, polo se deberá abrir un novo prazo que comezará a computarse desde o día 18 de xuño de 2015, data do envío do anuncio de información adicional ou rectificativo ao Diario Oficial de la Unión Europea.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 17 de xullo de 2015.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia