Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (903/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 903/2012, por instancia de José Carlos Santiso Paredes contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data do 11 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por José Carlos Santiso Paredes contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante, José Carlos Santiso Paredes, a cantidade de sete mil catrocentos trinta e seis euros con cincuenta e oito céntimos (7.436,58 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial