Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24970

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de exposición pública do estudo de detalle para a agregación das U.E. 130806 e 130807 na rúa Bolaño Rivadeneira, 12-14.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 13 de maio de 2015, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e a ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 130806 e 130807 (rúa Bolaño Rivadeneira, 12-14) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por José María Vázquez Varela e outros.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométense á información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197) e presentar as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 19 de maio de 2015

P.D. (Decreto 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado
da Área de Urbanismo e Medio Ambiente