Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25012

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

Advertidos erros na Resolución do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, publicada no DOG número 113, do mércores 17 de xuño de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 24061, na base sexta, punto 1, onde di: «...os dereitos de exame fíxanse na contía de 21,40 euros por cada un dos exames a que a persoa interesada se presente», debe dicir: «...os dereitos de exame fíxanse na contía de 25,20 euros por cada un dos exames a que a persoa interesada se presente».