Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25018

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 15 de xuño de 2015 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

A Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo), pola que se convoca proceso selectivo para o acceso e ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, establece na súa base décimo sexta que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Mediante a Orde do 4 de setembro de 2014 (DOG do 12 de setembro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo).

Mediante a Orde do 3 de setembro de 2014 (DOG do 10 de setembro) noméase funcionario en prácticas a Luis Miguel Sobrevela Romaguera.

Mediante resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos noméase a José Antonio González Cabano funcionario en prácticas con efectos do 1 de xullo de 2014.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os profesores seleccionados no procedemento selectivo para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo).

Segundo. Declarar aptos na fase de prácticas a Luis Miguel Sobrevela Romaguera e a José Antonio González Cabano.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria